Sunday 28 de April de 2024

Trinta persoas conmemorarán mañá en Riveira o Día Internacional do Voluntariado


Como vén sendo tradicional, o Concello de Riveira vai conmemorar mañá 5 de decembro o Día Internacional dos Voluntarios.

Nesta ocasión, será o salón de plenos o lugar de celebración do evento, onde ás 12.30 horas se darán cita unha trintena de persoas colaboradoras co Departamento dos Servizos Sociais Comunitarios (“voluntariado social”)

Alí se dará lectura a un manifesto conmemorativo de tan sinalada xornada. O acto pechará cunhas palabras da concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño Rey.